Moción 2_Escolas deportivas municipais para maiores

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Municipal Socialista no Concello de Marín

Concello de Marín 

A/A. Secretaria Xeral

A/A. Alcaldesa Concello de Marín

MOCIÓN AO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MARÍN 

Para o fomento da actividade física e deportiva nas persoas maiores no concello de Marín.

 

PARTE EXPOSITIVA

Dende un tempo a esta parte Marín veu un incremento positivo no número de modalidades deportivas ofertadas polo noso concello, encamiñadas sempre en fomentar e iniciar os máis cativos no deporte da man principalmente das escolas deportivas municipais, que acollen a nenos con idades comprendidas entre os 4 e 17 anos aproximadamente, o que supón un punto moi positivo para a nosa vila, xa que o deporte, e os seus beneficios moitas veces demostrados, son necesarios para o desenrolo do ser humano xa dende a súa infancia. 

Pero dende o Partido Socialista de Marín vemos na nosa vila un baleiro non cuberto no que á actividade física e deportiva se refire, os nosos maiores, os cales, pola súa condición consideramos que precisan igualmente, ou máis se cabe, practicar exercicio e actividade física de maneira regular, polo que entendemos que dende o Concello hai que porlles facilidades para que o poidan facer.

Por todos e coñecido que a esperanza de vida aumentou considerablemente no noso país, ata o extremo de ser o grupo de idade de maiores de 65 anos o máis numeroso no século XXI, persoas cuxa capacidade disminúe a medida que decae a súa actividade física diaria. Sen embargo, gran parte deste deterioro pódese correxir facilmente con sinxelos programas de exercicio. 

Por outra banda, as persoas destas idades moitas veces viven soas, polo que a práctica de actividades físicas e deportivas, sempre pensadas a desenrolarse en grupo, favorecen a relación con otras persoas, moitas veces nas mesmas codicións de soidade, o que da lugar o establecemento de vículos e a una gran socialización.

En términos xerais, o exercicio e a actividade física melloran a saúde, a capacidade funcional, a calidade de vida, a independencia motriz e a socialización. Así, considerase que a actividade física é un dos factores máis importantes para un envellecemento saudable.

Dende o partido Socialista de Marín entendemos tamén que non se ha de chegar ao extremo de estar mal (enfermo) para facer ou para pautar o exercicio, é dicir, os nosos maiores teñen que ter a posibilidade de practicalo do mesmo xeito que os máis cativos, cunha oferta ampla de actividades adaptada en horarios, en intensidade, en modalidades, e cun coste reducido acorde as suas posibilidades,  e é por iso polo que o Partido Socialista de Marín propón a creación das escolas deportivas municipais para maiores.

En resumo, con esta iniciativa pretendemos:

  • Que a xente maior poida realizar una actividade física e deportiva pensada e deseñada para eles que lle permita mellorar a súa saúde e a súa calidade de vida.
  • Mellorar a vida social dos maiores e moi especialmente dos que viven en soidade.
  • Ofrecer una programación estable, de calidade, ampla e a presos económicos.

Así, tras unha análise seria e meditada, destacamos algúns dos beneficios que para os nosos maoires pode ter a práctica de exercicio e actividade física nas suas vidas.

  • Aumenta a eliminación do colesterol, diminuindo o risco de arterioesclerosis e hipertensión.
  • Incrementa a calidade do sono.
  • Conserva máis áxiles e atentos os seus sentidos.
  • Prevén as caídas.
  • Diminúe a ansiedade, o insomnio e la depresión.
  • Reforza a actividade intelectual gracias a oxixenación cerebral.
  • Incrementa a capacidade aeróbica, a forza muscular e a flexibilidade.
  • Diminúe o risco de enfermidades cardiovasculares.
  • Fai máis efectiva a contracción cardíaca.
  • Frea la atrofia muscular.
  • Evita a descalcificación ósea.
  • Reduce o risco de trombosis e embolias.
  • Aumenta a capacidade respiratoria.
  • Evita a obesidade.
  • Contribúe o equilibrio psicoafectivo.
  • Favorece a integración do esquema corporal.

Por todo isto, propoñemos ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos da

PARTE DISPOSITIVA 

Convocar nun prazo inferior a 15 días unha Mesa de Traballo na que participen os centros deportivos, centros de recuperación funcional, escolas de Baile, Pilates, Taichi, Yoga, Natación (do Concello de Marín), sanitarios especializados en práctica deportiva, así como os representantes políticos do Concello de Marín para impulsar a elaboración dunha “folla de ruta” e unhas “bases” para por en marcha asescolas deportivas municipais para maiores, as cales deberían estar presentes no arranque das escolas deportivas municipais para cativos, cuxa data prevista de presentación na alameda de Marín estimase, como cada ano, no mes de Septembro.

Entre as medidas que o Partido Socialista de Marín quere tratar no marco da Mesa de Traballo para a busca de acordo co resto de integrantes da mesma están: 

  1. Deportes e actividades físicas a considerar de partida.

Neste apartado expóñense e arguméntanse aquelas actividades a considerar:

  • Baile: O baile é un deporte moi completo e unha actividade social moi recomendable que encanta a moitos maiores. Bailar axuda a manter o peso, mellora o equilibrio e aporta maior axilidade. Tamén fortalece o corazón e outros músculos do corpo, polo que é altamente recomendable para persoas con risco cardiovascular.
  • Ioga: Outro deporte estrela para os maiores e o ioga. É un deporte suave que aporta múltiples beneficios ao corpo e á mente. Mellora toda a zoa vertebral, axuda a corrixir a postura mediante estiramentos e tonifica os músculos de todo o corpo. 

Os exercicios de respiración tamén son valiosas técnicas de control do estrés e relaxación. O aprendizaxe das diversas posturas e exercicios que implica a práctica do ioga tamén é boa para a mente porque aumenta a capacidade de concentración, de atención e a memoria, habilidades cognitivas esenciales para evitar o proceso de deterioro cognitivo asociado, por exemplo, enfermedades como o Alzheimer.

  • Natación: O exercicio acuático e un deporte moi completo que fortalece músculos, aumenta resistencia e queima calorías. Asimesmo, mellora o estado do sistema óseo e das articulacions e a capacidade de movemento, xa que debaixo da auga o corpo pesa menos. Nadando eliminase o exceso de sustancias estresantes que o noso propio organismo xera, como o cortisol.
  • Aquafitness: Os cursos de aquafitness dirixidos as persoas maiores son de baixa intensidade e priorizan, sobre todo, a hixiene postural. Ademáis, o ser un deporte aeróbico pode chegar a queimar moitas calorías.
  • Taichí: Os movementos realizados no taichí son suaves e lentos, polo que resultan ideais para os maiores. É un deporte tranquilo que fortalece as articulacions e tonifica o corpo, evitando a perda de masa muscular. O tratarse dun exercicio que tambén é mental, axuda a ralentizar o proceso de deterioro cognitivo, polo que é una forma de combatir as demencias asociadas á idade.
  • Sendeirismo e Camiñatas: Camiñar e un dos mellores exercicios que pode facer una persona maior. Combate o sedentarismo e o risco de lesión é extremadamente baixo. Camiñar mellora a densidade ósea, por iso e altamente recomendable para todo o mundo, en especial para as mulleres, que despois da menopausia ten máis risco de padecer osteoporosis e para maiores con problemas de sobrepeso ou cardiovasculares.
  • Montar en bicicleta ou spinning: O ciclismo e un dos exercicios máis eficaces para queimar graxa e elevar o metabolismo. Tamén aumenta a resistencia física, polo que mellora a capacidade dos maiores para realizar as suas tarefas cotiás.
  • Pilates: O pilates brinda moitos beneficios ós diversos sistemas orgánicos das persoas de edad avanzada. Por exemplo: os estiramentos suaves e lentos melloran o sistema musculoesquelético, contribuíndo a súa fortaleza e flexibilidade e correxindo as posturas corporales inadecuadas. O pilar principal do pilates é controlar o ritmo da respiración, polo que o sistema respiratorio se ve beneficiado. O control da respiración tamén aporta relaxación, libera tensións e mellora a capacidade respiratoria. 
  1. Horarios a considerar. 

Deberanse establecer uns horarios acordes as ocupacions e limitacions deste tipo de persoas.

  1. Intensidade e frecuencia das actividades.

Deberanse establecer a intensidade (de intensidade media ou baixa e nunca sobrepasar o 85% da frecuencia cardiaca máxima) así coma os días e periodos nos que se darán este tipo de actividades establecendo anualmente un calendario por actividade.

1. Cuantías a pagar e forma de pago.

Estableceranse as cuantías e as formas de pago dando as máximas facilidades

2. Lugares nos que se impartirán as actividades.

Han de establecerse os lugares onde se impartirán as actividades, tendo en conta entre outras moitas cousas que o grupo de idade a considerar pode non ter fácil o desprazamento, polo que haberá que acercar as actividades aos interesados e interesadas, e non o revés.

3. Idades e Grupos de idade aos que se impartirán as actividades.

E importante establecer os grupos de idade aos que se impartirán as actividades.

4. Orzamento.

Neste apartado tratarase o orzamento necesario para por en marcha as escolas deportivas municipais para maiores, tendo en conta variables como, presuposto disponible/asumible, entrada de cartos mediante inscripcións, coste das actividades, etc.

5. Outros.

Nesta mesa de traballo sairán outras consideracions a ter en conta, polo que nos reservamos neste apartado as posibles consideracions a tratar.

E para que así conste aos efectos oportunos asino a presente moción en Marín a 09 de Agosto de 2019. 

Diego González Martínez

Concelleiro do PSdeG-PSOE no Concello de Marín.

Deja un comentario