(da Moción 9) O PSOE SATISFEITO DA RECTIFICACIÓN DO GOBERNO LOCAL NO TEMA DOS APARCAMENTOS_23 de setembro de 2020

Manuel Pazos, voceiro municipal do PSOE: “Levamos semanas reclamando que se recuperasen as prazas de aparcamento que o propio PP suprimiu. Alegrámonos que o goberno local rectificase e fixera caso ao PSOE e ás numerosas queixas dos veciños”.

Dende fai varias semanas dende o PSOE de Marín vense solicitando a rectificación do goberno local e a restitución das prazas de aparcamento suprimidas en Ezequiel Massoni, Jaime Janer e Rúa Estrada. En total máis de 40 prazas eliminadas sen dar alternativa aos veciños.

Se trataba simplemente de dar continuidade á proposta que hai ano e medio o PSOE de Marín presentou para a creación dunha rede de aparcamentos disuarorios con 550 novas prazas que permitisen aos veciños estacionar os seus vehículos e ao mesmo xeito avanzar na humanización das principáis rúas.  

Vemos na prensa desta semana que o goberno do PP rectifica e acondicionará unha parcela de estacionamento na rúa Jaime Janer. Poderemos discutir se existen outras mellores e que permitan solucionar máis problemas que o simple aparcamento, pero dende logo é un avance fronte o anterior. De todolos xeitos dende o PSOE vixiaremos que además de ser unha solución express teñan todos os parabéns administrativo e técnicos —como vimos facendo e reclamando sempre— para asegurar a sostenibilidade do investimento e para evitar problemas no futuro ao rematar os contratos.

Deja un comentario