(da Moción 9) O PSOE SATISFEITO DE QUE SE MATERIALICE A SÚA PROPOSTA DE APARCAMENTOS AO CARÓN DO CENTRO DE SAÚDE_11 de xaneiro de 2020

Manuel Pazos, voceiro municipal do PSOE: “En setembro de 2020 dende o PSOE presentamos una moción solicitando a sinatura dun convenio co INVIED para habilitar máis espazos de aparcamento no entorno de centro de saúdo. Nos alegra enormemente que o goberno local nos fixese caso e despois de 10 anos gobernando, asine o convenio solicitado. Seguiremos na mesma liña de propoñer melloras para Marín”

O 8 de setembro do 2020 os socialistas de Marín presentamos unha moción ao pleno da corporación solicitando “Iniciar as negociacións oportunas co INVIED para a sinatura dun convenio para o emprego de solares desocupados nas inmediacións do centro de saúde”.

Nesa moción se solicitaba que tres parcelas de INVIED fosen postas a disposición da xente como espazo de aparcamento:

Ubicación

Superficie (m2)

Nº prazas estimadas

1

INVIED fronte centro saúde / 300 m2 / 13 p

2

INVIED Virxe do Carmen 1 / 240 m2 / 10 p

3

INVIED Virxe do Carmen 2 / 160 m2 / 7 p

TOTAL: 30 prazas

Estamos moi satisfeitos de que o Concello fixese caso da nosa iniciativa e catro meses despois de solicitalo asine un convenio co INVIED para a posta a disposición da cidadanía das tres parcelas de aparcamento en Marín solicitadas polos socialistas, que veñen a axudar na escaseza de prazas de aparcamento para ir ao centro de saúde e que orixinaba que a xente tivese que aparcar en verdadeiros lameiros cando tiña que ir ao médico.

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2021/01/12/psoe-felicita-salga-adelante-idea-27440599.html

Deja un comentario