O PLENO APROBA A MOCION DO PSOE QUE RECLAMA O ABASTECEMENTO MUNICIPAL DE AUGA EN AMEAL_22 de decembro de 2022

NOTA de PRENSA

PSdeG-PSOE Pontevedra 22/12/2022

Unanimidade sobre a moción do PSOE reclamando que o abastecemento municipal de agua se amplíe ao lugar de Ameal ao longo da estrada provincial EP1202, entre o cruce de Rúa Nova e O Campo, antes do verán do próximo ano. O voceiro Manuel Pazos foi o encargado de defendela e argumentou que nos vindeiros anos os problemas de falta de auga en pozos e traídas veciñais van a ser moito más frecuentes e que o Concello debe ampliar a rede actual. Un proxecto, o da ampliación da auga municipal a todos os núcleos do rural que costa 3 millóns de euros e que está totalmente paralizado. O caso de Ameal é un dos máis evidentes e mesmo presentaron hai meses ducias de sinaturas con esta reclamación se obter resposta algunha por parte do gobierno local ata este momento. Para acadar o consenso, o PSOE aceptou a enmenda do PP onde indicaba que está en marcha un proxecto de mellora da estrada provincial e, co fin de abaratar o custo da obra, solicitaba agardar á execución de dita obra para acometela conxuntamente.

Deja un comentario