CARTA ABERTA. MANUEL PAZOS LAMOSOVOCEIRO E CANDIDATO DO PSOE DE MARÍN“O MARÍN MARIÑEIRO” marzo 2023

Poucas vilas teñen sufrido unha transformación tan profunda durante o século pasado coma Marín. A evolución dun pequeno porto pesqueiro ata chegar a convertirse nun gran porto comercial, a chegada da Escola Naval Militar ou o crecemento constante do número de habitantes durante todo o século XX pasando de 10.000 a 25.000, mudaron radicalmente a nosa configuración como vila. 

Ao longo de todo este proceso de crecemento e expansión pouco valor lle dimos a todo o que tiña que ver co noso patrimonio cultural e natural. O “progreso” consistía en eliminar o vello, o que molestaba…

Perdimos as nosas praias urbanas, soterramos a desembocadura do río Lameira, fixemos un edificio onde existira un priorato ou a villa dun premio Nobel como José Echegaray, tampouco respetamos ningunha das vinte fábricas de salazón ou conserva que chegamos a ter (a de Herrero, Riestra, Maestu, Darío…), nin a lonxa, nin a casa de baños…  Certo que é fácil ver agora os erros do pasado, para tamén teño a sensación de que pouco aprendimos deses erros.

Agora vemos con preocupación o proxecto que, en pleno 2023, ten o goberno local de Marín para convertir o cemiterio de embarcacións que existe entre a escola naval e o peirao do Alcalde Blanco nunha piscina de auga salgada. E penso honestamente que se trata dun erro para Marín. Outro máis.  

O cementerio de embarcacións é un pequeno espazo que representa unha parte moi importante da nosa historia que lonxe de borrar debemos recuperar e reinvidicar. É o último espazo do Marín mariñeiro. Un lugar que temos que por en valor e rehabilitar para convertilo nunha ventá ao mar e ao noso pasado en medio de tanto cemento.

Fai cinco meses que fixemos pública esta postura e agora vemos con optimismo e orgullo que cada vez somos máis os marinenses que pensamos así e que numerosas asociacións e persoas van dar a batalla para que non sigamos perdendo parte da nosa historia e do noso patrimonio. 

Creo que fronte a un progreso mal entendido  é imprescindible defender a nosa identidade como pobo mariñeiro, a nosa historia, as nosas tradicións e o noso pasado. Porque cando Marín tampouco sexa un vila mariñeira, que seremos entón??

Deja un comentario