O PSOE CONSIDERA QUE A OBRA NO ENTORNO DA PRAZA DE SEIXO É UNHA OPORTUNIDADE PERDIDA_1 de abril de 2021

En palabras de Manuel Pazos, voceiro municipal do PSOE “Na nosa opinión este é o momento de plantexar un proxecto que aborde e integre todo o espazo entre a Avda. Otero Ulloa e o Camiño Vello. É mellor agardar e poder plantexar un proxecto serio e meditado que levar a cabo unha obra que ten moitas carencias.”

Tras meses de espera, o Partido Socialista tivo ocasión de debatir co grupo de goberno sobre a obra proxectada para o entorno da praza de abastos de Seixo, entre Otero Ulloa e o Camiño Vello.

Dende o PSOE presentamos unha proposta para que a obra abordase de xeito global todo un espazo tan importante como o existente no entorno da praza de abastos de Seixo, adquirindo a edificación en ruinas que se atopa nese vial e permitindo así un tratamento integral de toda a rúa e non só dunha parte da mesma.

A solución de poñer unha pequena praza a nivel de 265m2, cun peche perimetral en tres dos seus catro lados, na nosa opinión introduce máis barreiras das que elimina e condiciona o futuro dese espazo ao dificultar unha posterior integración da edificación en ruinas que alí se atopa.

O plantexamento integral presentado polo PSOE, onde se plantexaba tamén a incorporación de tres parcelas adicadas a aparcamento no entorno, parece do agrado do equipo de goberno pero non o quere levar a cabo porque considera que agora retrasaría unha obra que xa ten proxecto e para a que queren conseguir fondos da Deputación de Pontevedra.

A obra ten un orzamento aproximado de 650.000€, pero consideramos que non adicar uns 150.000€ para adquirir a edificación en ruinas é un erro. Esa compra permitiría a apertura do espazo cara a Otero Ulloa, recuperando boa parte das vistas sobre a ría que alí existen e permitindo a instalación dunha marquesina para autobuses inexistente agora mesmo en Seixo.

https://www.carriola.es/index.php/noticias-de-marin-by-julio-santos/660-el-psoe-reitera-su-disconformidad-con-los-planes-del-gobierno-local-para-el-entorno-de-la-plaza-en-seixo

https://pontevedraviva.com/xeral/73610/marin-psoe-obra-plaza-seixo-oportunidad-perdida/?lang=es

Deja un comentario